A Fundación El Sembrador é unha entidade privada, sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é promover a inserción socio-laboral de persoas excluídas ou en risco de exclusión social.
Concedéuselle un creto de 72.500 € como anticipo dunha subvención que tiña autorizada pola Consellería de Saúde e Benestar Social da Xunta de Castela-A Mancha.
Esta axuda financia a creación e posta en marcha dunha empresa de inserción en Nerpio (Albacete), que se chama “Cortijo Covaroca”, onde se levan a cabo distintas actividades:
- Creación de postos de traballo directos en distintas liñas de traballo: hostalería, traballos agroforestais e producción e comercialización de produtos de calidade.
- Formación específica dos traballadores coa premisa de que debe ir dirixida prioritariamente a colectivos en risco de exclusión.
- Realización dun traballo de sensibilización ao resto de axentes públicos e privados que actúan no territorio.
Os colectivos cos que traballa a Fundación El Sembrador son persoas sen fogar, internos de centros penitenciarios, así como liberados condicionais e exreclusos, víctimas de violencia de xénero en situación de exclusión social, minorías étnicas en situación de exclusión social, parados de longa duración e mulleres con dificultades de inserción laboral por falla de formación e/ou experiencia laboral previa. En definitiva, todos aqueles colectivos cuxas características personais, formativas e/ou laborais lles fan estar fóra dun entorno laboral normalizado.