Que se financia?
Proxectos que teñan un impacto social positivo. Non se trata dunha lista pechada de sectores nin formas xurídicas, senón de avaliar cada caso concreto para ver cales son os valores que están na base destes proxectos e verificar se coinciden cos que sosteñen FIARE, de xeito que quen aportan os seus recursos e quen os reciben compartan o mesmo proxecto e os mesmos valores.
Como solicitar un préstamo?
Para solicitar un préstamo pásate ou chama por teléfono ás oficinas de Fiare, ou ben contacta connosco vía Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou enchendo o formulario, e coméntanos as túas necesidades de financiación.
Proceso de estudo das solicitudes de financiación:
Unha vez presentada toda a documentación necesaria procederáse a realizar unha análise económico-financeira e unha análise ético-social do proxecto para a súa aprobación.
Tipos de préstamos
En liñas xerais dispoñemos das seguintes liñas de préstamos:




