¿Como participar?
Faite Socio/a
¡Facerse Socio/a é moi sinxelo!
Debes escoller o xeito de asociarte que máis se axusta ás túas necesidades (Persoa Promotora, Colaboradora ou Voluntaria) e poñerte en contacto coa asociación territorial da túa zona.
Cada unha destas asociacións ten información sobre o seu funcionamento. Podes atopar a túa no mapa territorial ou porte en contacto connosco cubrindo o formulario.
Promotores/as
As persoas promotoras
Todas as organizacións e persoas que queiran ser protagonistas do pulo do Proxecto FIARE poden proporse como socias promotoras ás distintas asociacións territoriais. Para isto, están dispostas a aportar parte do seu tempo á promoción e construcción do proxecto e fan unha aportación económica como suscrición de capital social e outra para os gastos de posta en marcha do proxecto.
Podes consultar moita más información no blog da túa asociación territorial.
Colaboradores/as
As persoas colaboradoras
Para todas as persoas que queren participar da futura cooperativa de creto, pero hoxe non están en disposición de asumir o compromiso que supón ser socias promotoras, creamos a fórmula da persoa colaboradora.
As persoas físicas participan con aportacións ao capital social a partires de 300 euros e as xurídicas, a partires de 600 euros. Non asumen unha contribución aos gastos de posta en marcha do proxecto e participan na súa promoción na medida das súas posibilidades.
Voluntarios/as
As persoas voluntarias
Finalmente, para todas as persoas que queren contribuír na construcción de FIARE, pero non poden facer unha aportación de capital, constituímos a figura do voluntariado. Persoas que contribúen co seu tempo a divulgar o proxecto e nos permiten estar más preto do territorio. A capilariedade é esencial para un proxecto como o noso. O camiño é longo e preferimos facelo paseniñamente e en boa compaña.
Participa dende 300 euros
O Proxecto FIARE agrupa cada día a máis persoas e entidades en todas as súas asociacións territoriais. Manter unha relación próxima á sociedade que pretendemos transformar parécenos esencial e por iso animámosvos a achegarvos á vosa asociación máis próxima.
Participar resulta moi sinxelo. Atoparedes información pormenorizada dos pasos a seguir e a forma de solicitar a vosa incorporación no espazo de cada asociación territorial.
Aproveita a oportunidade de asociarte comprometéndote a adquirir participacións de Capital Social na futura cooperativa de creto.
A construcción social do Proxecto FIARE
Todas as persoas que formamos parte deste proxecto queremos participar na construcción dun instrumento financeiro que dirixa os seus esforzos cara todas as persoas e entidades que traballan para transformar a nosa sociedade nunha realidade máis xusta, participativa e inclusiva.
Non obstante, precisamente porque este é o noso obxectivo, pensamos que este debe ser un instrumento en mans de toda a cidadanía activa que quere recuperar a xestión dos seus aforros e dirixilos cara proxectos e actividades que xeren un impacto social positivo. Queremos ser un banco en mans desta cidadanía.
Asociacións territoriais
Dende o convencemento de que artellar a participación dunha ampla e heteroxénea base social debe ser unha das nosas prioridades, o Proxecto FIARE medra nos territorios onde existe unha sociedade civil organizada que quere apropiarse desta proposta e ser protagonista na súa construcción.
Por iso, de xeito gradual, constitúense asociacións territoriais de socias que se suman ao proxecto. Estas asociacións aportan todo o coñecemento e a experiencia local que enriquece este proceso, permitíndonos estar preto do territorio e coñecer as necesidades e prioridades da sociedade en cada intre.




