Quen pode realizar un depósito?
- A persoa solicitante deberá asinar unha declaración na que manifesta a súa identificación cos principios inspiradores do proxecto FIARE e de Banca Popolare Etica.
- A persoa solicitante poderá indicar as súas preferencias sobre o destino dos seus aforros.
- Non se aceptarán cartos en metálico.
Como solicitar a apertura dunha libreta de aforro?
-
No caso de persoas físicas:
- Fotocopia do DNI do solicitante e, no seu caso, das persoas cotitulares.
- A declaración sobre a correcta e transparente procedencia dos cartos (descarga)
- A elección do uso preferente que se quere dar aos aforros depositados en FIARE (descarga)
- En caso de que exista cesión de intereses, a organización á que quere que estes sexan doados (descarga)
-
No caso de persoas xurídicas:
- C.I.F. da organización
- Escritura de constitución e poderes da Entidade
- D.N.I. da/s persoa/s apoderada/s.
Para realizar a apertura do depósito con todas as garantías, é preciso que as persoas titulares e autorizadas asistan en persoa ao acto de confirmación da sinatura.
Podo solicitar a apertura dunha Conta Corrente?
Aínda que traballamos para que as Contas Correntes sexan unha opción para calquera persoa, hoxe en día só podemos ofrecer este servizo ás persoas xurídicas (organizacións ou empresas).
Se eres representante dunha destas e queres abrir unha Conta Corrente, por favor ponte en contacto connosco enchendo o formulario e en breve o noso persoal poráse en contacto contigo para explicarte, sen ningún compromiso, os pasos a seguir.
Unha vez asinada a documentación de solicitude de apertura da libreta, e presentada e aceptada na oficina ou punto de información correspondente, deberás realizar o ingreso do teu aforro mediante unha transferencia bancaria. Confirmado o ingreso da transferencia, recibirás unha carta de aceptación do depósito xunto co extracto bancario dos movementos realizados e a nosa documentación de benvida.




